La Gran Boda 2.0

La Gran boda 2.0

“La Gran Boda 2.0” xorde grazas á III Convocatoria Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e a Deputación da Coruña. Preténdese realizar unha “falsa” voda na Praza de Lavapiés de Madrid entre dúas persoas con discapacidade con máis de 80 actores con e sen diversidade funcional (afeccionados e profesionais).

A familia da noiva será galega e a do noivo, madrileña.

Ensaios

Ensaiaremos en Madrid coa familia do noivo, e na Coruña coa familia da noiva, nos reuniremos en Madrid para o ensaio xeral e ¡estrenaremos o 22 de Xuño de 2019!

Vídeo documental

Realizaremos un vídeo documental onde poderá verse o proceso e o espectáculo para que poida chegar a máis xente e fomentar futuras experiencias, xerando novas sinerxias.

Público "real"

Non queriamos un público sensible á discapacidade, queriamos un público “real”, que non soubese que o fose, que non soubese que estaba a ver un espectáculo “teatral” para ver que se xeraba ante os prexuízos sociais e ante a proposta escénica.

Queriamos engadir tamén ao público no proceso inclusivo e o propio guión permitíanos retroalimentarnos coas opinións e as reaccións da xente.

Somos conscientes da dificultade que entraña unha organización tan complexa en canto a número e diversidade de persoas, pero gozamos da experiencia previa e de moitos anos de formación e experiencia, así que estamos convencidos de poder superar todas as barreiras e poder dicir en Madrid noso: Si Quero!