Proxectos

As nosas orixes De onde saímos e onde imos

La Quinta del Arte nace moito tempo atrás, en Madrid, durante un proceso longo de xestación, no que se maduran ideas e conflúen artistas e vivencias. Constitúese en outubro do 2014 como un proceso vivo que pretende potenciar a cultura en Coruña e achegala a calquera persoa con ou sen diversidade funcional.

A concesión da II CONVOCATORIA DE AXUDAS A MICROEMPRENDEDORES “CREANDO” permite alugar un local durante un ano no barrio de Monte Alto onde se imparten talleres regulares de teatro, movemento, voz e dramaturxia. Algúns dos nosos profesores foron Chema Gagino, Jesús Aladrén, Jorge Coira ou Anxo da Cruz.

Máis proxectos Non facemos solo talleres

Desde entonces hemos estrenado varios espectáculos “Pinocho 2.0”, “Cabaret Ibérico”, “Que no se mueva nadie”

Despertares

”DESPERTARES” é un proxecto inclusivo onde a través do teatro quixemos espertar a creatividade e ampliar o concepto diversidade.

Con “Despertares” realizamos un espectáculo con 18 actores con e sen discapacidade e fixemos 5 funcións pola provincia da Coruña. Arrincamos cun taller previo de 3 meses nas que participaron 38 alumnos e tras un proceso de selección, comezamos dous meses de ensaios.

Ver dossier Ver memoria

Preestreno e funcións

Fixemos un preestreno o martes 26 de xunio no C.C. Os Mallos e as fechas das funcións foron os días:

  • 1 de Xullo en C.C. Pintor Llorens (Sada)
  • 12 de Xullo en C.C. Agora (A Coruña)
  • 13 de Xullo en C.C. A Senra (Bergondo)
  • 15 de novembro no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

La Gran Boda

O 29 de Xullo de 2017 na Praza de María Pita da Coruña estreamos “A Gran Voda”, un espectáculo de teatro na rúa no que participaron 48 actores con e sen diversidade funcional, dos cales 11 eran actores profesionais, 25 eran actores afeccionados e 12 eran persoas que nunca realizaran un espectáculo teatral.

Había 20 persoas con discapacidade e 28 persoas sen discapacidade, o cal foi todo un éxito para nós xa que non se actuou antes en Coruña cun grupo tan numeroso de persoas (48) cun rango tan variado de idades (de 16 a 68 anos) sendo tan heteroxéneo.

Ademáis dos actores tamén participaron 12 tunos da Tuna de Veteranos da Coruña e 4 cámaras que gravaron o espectáculo, da produtora Ollovivo, dirixidos por Gaspar Broullón, Premio Mestre Mateo ao Mellor Realizador de Galicia 2017.

Ver dossier Ver memoria

Proxectos realizados Outros dos nosos talleres para TOD@S

Os talleres son para todas as persoas afeccionadas ou con interese no teatro ou a danza (con e sen diversidade funcional e demais amigos, familiares, coñecidos...)

Desde lo invisible

  • Taller de Danza e Teatro
  • Espectáculo na rúa en verán 2017

La Vida en el Arte

  • Taller de Teatro
  • Espectáculo mostrado no Teatro del Andamio.

La escalera de Papel

  • Taller de guión
  • Impartido por Ángel de la Cruz

Xogarvoaractuar

  • Taller de improvisación para o audiovisual
  • Impartido por Jorge Coira

La palabra en Movimiento

  • Taller de voz
  • Impartido por Jesús Aladrén

Centro Pai Menni

  • Taller de teatro de 3 meses
  • A través do Servicio de Normalización linguística
  • Impartido por Victoria Teijeiro